Castelo Vimianzo
Entrada ó castelo
Patio interior
Patio interior
Torre
O castelo non foi sempre como o vemos hoxe en día, senón que tivo diversas reformas e reconstrucións que mudaron sucesivamente o seu aspecto. Os construtores da fortaleza parece que deberon ser os Mariño de Lobeira, alá polo século XII ou XIII. O aspecto deste primeiro edificio apenas o podemos intuír, xa que non quedan practicamente vestixios. Só as escavacións realizadas nos anos 80 nos revelan a existencia dunha gran torre, no que hoxe é o patio, da que podemos observar os cimentos. A carón dela vemos tamén os restos dun forno, posiblemente para a elaboración de pan. Ademais, baixo os muros actuais aínda se ven restos da primitiva construción.
Pouco coñecemos tamén sobre a época en que os Mariño foron donos do Castelo e pouco máis sabemos da orixe dos Moscoso, que serán os seguintes propietarios. Sabemos que estaban emparentados cos Traba, probablemente a familia nobiliar máis representativa dos anos centrais da Idade Media galega. Grazas a sucesivas compras de terras e a matrimonios vantaxosos, que lles permitiron acceder a substanciosas herdanzas, foron medrando pouco a pouco. Deste xeito acabarán ostentando o título de Condes de Altamira, o que demostra a súa proximidade á coroa e chegarán a converterse nunha das familias nobiliarias máis poderosas da península.
A finais do s.XV (1467) prodúcese un feito decisivo na historia de Galicia e do Castelo, o que se coñece como A Guerra Irmandiña. O pobo cansado pola presión económica exercida polos señores feudais e polos abusos e violencia exercidos sobre eles, decide tomar ao asalto as fortalezas. Este acontecemento vai provocar a fuxida de toda a gran nobreza galega cara a Castela e Portugal, sendo destruídas ou seriamente danadas a maioría das fortificacións existentes. O mesmo lle aconteceu ao Castelo de Vimianzo, que será tomado ao asalto. Actualmente, no mes de xullo, celébrase unha festa que lembra este feito histórico.
A rebelión non durou moito. Os nobres escapados reorganizáronse en Castela e, coa axuda da aristocracia local, emprenderon a recuperación das súas posesións no ano 1469. Coa caída dos irmandiños será o Arcebispado de Santiago quen se apodere do Castelo. Porén, uns anos máis tarde, un dos Moscoso, Lope Sánchez de Moscoso, autoproclamado primeiro Conde de Altamira, recuperará a fortaleza pola forza das armas. O Castelo será reconstruído grazas á intervención de mestres canteiros vascos e o aspecto resultante non debía ser moi diferente do actual.
Os enfrontamentos entre a Mitra compostelá e os Moscoso veñen xa dende o século anterior e van continuar durante o s. XV. Un dos motivos parece ser a natureza estratéxica do Castelo. A proximidade á costa permitía controlar as rutas comerciais do Mar do Norte, os negocios da sardiña e do sal e os botíns dos barcos que naufragaban nestas costas.
A finais do s. XV os Condes de Altamira abandonarán Galicia como a maior parte da alta nobreza galega, para residir na corte e estar máis preto dos reis. A administración das súas posesións quedará en mans de figuras que se denominarán alcaides ou meiriños. Isto mesmo acontecerá en Vimianzo. O conde rara vez retornará a Galicia e serán subordinados nomeados por el os que gobernarán o Castelo, cobrarán as rendas e remitiranas aos seus propietarios na corte.
Esta situación manterase relativamente estable ata o s. XIX. Os Altamira irán asentando pouco a pouco o seu poder ata chegar a ser unha das familias máis influentes na vida pública do Estado. No Castelo residirán sucesivos alcaides e acometeranse diversas reformas, que non son doadas de apreciar porque falta aínda o pertinente estudo, pero que en calquera caso non afectan á estrutura orixinal do edificio.
A última gran reforma foi realizada no s. XIX por Evaristo Martelo. Parece ser que nesta época o Castelo estaba en bastante mal estado e acometeu unha serie de obras para facelo habitable. Posteriormente a súa filla, Dolores Martelo de la Maza, solteira e sen descendencia, cedeu a fortaleza ao Arcebispado de Santiago. Finalmente no 1973 foi comprado pola Deputación da Coruña, que o acondicionou para a súa visita. A través das accións comprendidas no Plan de Dinamización Turística da Costa da Morte, acondicionouse a zona de artesanías e tamén se converteu unha das torres en centro de interpretación da Costa da Morte.

``Maxia Irmandiña en cada
recunho´´
Moi bonito castelo tedes por alí, espero poder velo algún día!! Un beso :)
ResponderEliminar