``O bosque soñado´´
As Fragas do Eume son un ecosistema único en Europa. Agrupadas nas beiras do río do mesmo nome (84 km de longo), a extensión arbórea é a principal mostra deste ecosistema de alta biodiversidade, o bosque atlántico, tan específico grazas á proximidade da mar e das profundas ribeiras do río, que o converteu, en 1997, en Parque Natural. Tradicionalmente foron moi explotados pola riqueza e fertilidade dos solos, e por iso son ecosistemas pouco frecuentes e conservados unicamente en zonas illadas coma estas fragas. Trátase dun espazo protexido, pero visitable, que ofrece agradables sorpresas a quen o percorre.
Ao longo das beiras de cinco concellos se extenden máis de 9.126 hectáreas de macizos forestais de diversas características. Nas terras máis próximas ao río medran bosques de ribeira baseados nos choupos e amieiros, que agochan auténticos tesouros de fieitos e musgos, específicos deste Parque, e tamén duas raras especies de narcisos. Subindo polas ladeiras dos montes, atopamos bosques de carballos, a especie mais características das Fragas do Eume.
No hay comentarios:
Publicar un comentario