jueves, 19 de abril de 2012

Encaixe de Camariñas






Dende 1981, cada Semana Santa e presidida pola "Súa Maxestade a Reina Dona Sofía", celébrase "A Mostra do Encaixe de Camariñas", certame comercial e cultural de ámbito internacional, declarado de Interese Turístico de Galicia.

Dentro do recinto feiral, o visitante, entre outras actividades, atoparase con exposicións, demostracións ao vivo e venda de encaixe elaborado en diversas partes do mundo.
Ademais, vai poder disfrutar doutras artesanías nas cales se aplicou o encaixe de Camariñas. Pero, sen lugar a dúbidas, as verdadeiras estrelas deste coñecido evento son as "Escolas Infantiles de Palillo", que día a día fan demostracións da súa arte.
Este evento acadou dinamizar o sector do encaixe, propiciando o uso dos "Encaixes de Camariñas", non só no enxoval doméstico, así como a súa inclusión definitiva no sector da moda. Foron e van seguir sendo os desfiles de "Grandes Deseñadores" e o "Concurso de Deseñadores Noveis" os que apostan por tal fin.

No hay comentarios:

Publicar un comentario