Trátase dun orixinal museo ao aire libre creado por un peculiar alemán chamado Man, que chegou a Camelle hai máis de trinta anos, e ahí creou o seu edén de fantasía e soidade, o lugar que lle deu a paz interior que buscaba e onde poder quedar e dar vida á súa obra. Ao visitante solicitáballe que fixera un debuxo nunha libretiña, intercalando papeis carbón, sendo "unha forma de relacionarse cos demais, xa que en cada papel está a alma de cada quen e o obxectivo é facer un gran rañaceos con todas elas", según palabras de Man. Observaremos as cores vivas e os círculos numerosos que determinan o ciclo da vida continuo, repetitivo, do cal non podemos fuxir. Certos pensamentos existencialistas envolveron a vida e a obra deste singular personaxe, hasta que o naufraxio do Prestige tinguiu de negro a súa obra, os seus fillos como el os llamaba. Non o puido superar e murreu o día dos inocentes de 2002. NUNCA MÁIS. O museo está situado a un lado do dique, no porto de Camelle
Que mítico!! a ver se vou a velo
ResponderEliminar