jueves, 17 de mayo de 2012

As Fragas do Eume


``O bosque soñado´´






As Fragas do Eume son un ecosistema único en Europa. Agrupadas nas beiras do río do mesmo nome (84 km de longo), a extensión arbórea é a principal mostra deste ecosistema de alta biodiversidade, o bosque atlántico, tan específico grazas á proximidade da mar e das profundas ribeiras do río, que o converteu, en 1997, en Parque Natural. Tradicionalmente foron moi explotados pola riqueza e fertilidade dos solos, e por iso son ecosistemas pouco frecuentes e conservados unicamente en zonas illadas coma estas fragas. Trátase dun espazo protexido, pero visitable, que ofrece agradables sorpresas a quen o percorre.
Ao longo das beiras de cinco concellos se extenden máis de 9.126 hectáreas de macizos forestais de diversas características. Nas terras máis próximas ao río medran bosques de ribeira baseados nos choupos e amieiros, que agochan auténticos tesouros de fieitos e musgos, específicos deste Parque, e tamén duas raras especies de narcisos. Subindo polas ladeiras dos montes, atopamos bosques de carballos, a especie mais características das Fragas do Eume.













sábado, 5 de mayo de 2012

Ézaro

``O recuncho da Costa da Morte
    donde  a maxia está na auga´´

Ézaro

O Ézaro é un dos lugares máis máxicos e bonitos de Galicia .É un pequeno pobo costeiro baixo o lexendario Monte Pindo, donde dse pode disfrutar e ver o Mirador , a Cascada e a súa praia.Situado bajo el legendario y mágco Monte Pindo, y en el tramo de Costa da Morte que va desde Cee hasta Carnota, podemos llegar a este precioso pueblo costero que pertenece al municipio de Dumbria.
No Ézaro poderase disfrutar de unha das cascadas máis espectaculares de Galicia, a Cascada do Xallas,a cal é a única en Europa que desemboca no mar.
Ademais conta con un mirador sobre o pobo e a propia cascada donde se poderrá observar o Monte Pindo e a praia.



                                                                      Playa Ézaro


Cascada do Ézaro
Trátase dunha cascada/ fervenza que desemboca no mar en Europa, por iso tan especial. Hasta non fai moito tempo, a casacada solo podía visitarse en determinados días, debido a unha estación hidroeléctrica situada ó lado, actualmente xa está aberta e incluso se realizou un paseo marítimo de madeira que chega hasta ó Mirador.As noites do sábado a cascada está iluminada.


                                                                   Cascada Ézaro







Mirador do Ézaro
 No punto máis alto da cascada,(pódese subir a pe ou en coche) , está un dos lugares máis espectaculares da Costa da Morte, o Mirador.Desde este punto pódese observar de  frente Monte Pindo, a esquerda un pequeno embalse da central hidroeléctrica e xa cara a baixo a dereita o pobo do Pindo e a ría.Ao lonxe pódese divisar o Cabo Finisterre. 
A subido ó pobo desde ó mirador ten bastante pendende, xa que se notará un desnivel de entre o 28-30 %.
a subida al mirador desde el pueblo tiene bastante pendiente, ya que salvaremos en 2km y buen desnivel. Ó anoitecer,desde este sitio verase unha posta de sol con Cabo Finisterre de fondo.


Mirador Ézaro 

                                                                   Posta de sol Ézaro

domingo, 29 de abril de 2012

Asalto ó Castelo de Vimianzo




Unha ponte con varios ollos

Tal vez esa imaxe explique mellor que as palabras a historia da nosa festa, mais por se non abonda remontémonos a verba 16 anos atrás no río do tempo.
                            
Convén irmos paso a paso. Cando as inquedanzas son fortes e comúns por parte dun grupo de persoas xorden os movementos asociativos. Logo veñen as actuacións. O Asalto naceu como acto de rebeldía espontáneo por parte do grupo de rapazas e rapaces de AXVALSO, molestos polo trato que recibiran “dos que poden”. De xeito pacífico e alegre improvisaron unha meiga noite de protestas diante do Castelo.

Orgullosos da súa defensa –e ataque– foron máis alá e institucionalizaron o acto. Nace o Asalto. A falta de respaldo por parte “dos que pensan por e para todos” doulle aínda máis sentido aos inicios da festa: supuña unha reivindicación irmandiña e local ante o emblema da vila, as Torres de Martelo.
Co decorrer dos anos, o Asalto logra o seu asentamento, mais tamén o tempo chucha as enerxías das persoas que se moven nestes labores. As xeracións esgotan e tenden a man a outras mans solidarias e amigas. A.X.CHERINKAS, consciente do valor da festa e das xentes que a imaxinaron e a trouxeron ata o presente continúa desde o 2010 a traballar o Asalto.
Respectando o espírito orixinal e cunha vila xa rendida aos encantos e sentido da festa, preténdeselle dar pulo a novas manifestacións artísticas que se sumen ao repertorio clásico composto por teatro, música e gastronomía. Certo é tamén que edición a edición se intentan corrixir todos os problemas motivados pola maior afluencia de xente. En todo caso, é loita constante para intentar levar o Asalto nas mellores condicións ao futuro e atopar alí outras mans solidarias e amigas.

En suma, co Asalto asistimos a unha mirada no tempo: entre a historia irmandiña e nós, entre as pedras monumentais e nós, entre as xeracións e, por esta liña, entre nós e o futuro. Somos parte, entón, dunha ponte con varios ollos.
                                        
                            
                            
                             
                                
                            
                             
                               


    ¡IRMANDIÑOS!¡IMOS ASALTAR O CASTELO!

sábado, 28 de abril de 2012

Castelo de Vimianzo




Castelo Vimianzo


                                                             Entrada ó castelo

                                                               Patio interior


Patio interior

Torre


O castelo non foi sempre como o vemos hoxe en día, senón que tivo diversas reformas e reconstrucións que mudaron sucesivamente o seu aspecto. Os construtores da fortaleza parece que deberon ser os Mariño de Lobeira, alá polo século XII ou XIII. O aspecto deste primeiro edificio apenas o podemos intuír, xa que non quedan practicamente vestixios. Só as escavacións realizadas nos anos 80 nos revelan a existencia dunha gran torre, no que hoxe é o patio, da que podemos observar os cimentos. A carón dela vemos tamén os restos dun forno, posiblemente para a elaboración de pan. Ademais, baixo os muros actuais aínda se ven restos da primitiva construción.
Pouco coñecemos tamén sobre a época en que os Mariño foron donos do Castelo e pouco máis sabemos da orixe dos Moscoso, que serán os seguintes propietarios. Sabemos que estaban emparentados cos Traba, probablemente a familia nobiliar máis representativa dos anos centrais da Idade Media galega. Grazas a sucesivas compras de terras e a matrimonios vantaxosos, que lles permitiron acceder a substanciosas herdanzas, foron medrando pouco a pouco. Deste xeito acabarán ostentando o título de Condes de Altamira, o que demostra a súa proximidade á coroa e chegarán a converterse nunha das familias nobiliarias máis poderosas da península.
A finais do s.XV (1467) prodúcese un feito decisivo na historia de Galicia e do Castelo, o que se coñece como A Guerra Irmandiña. O pobo cansado pola presión económica exercida polos señores feudais e polos abusos e violencia exercidos sobre eles, decide tomar ao asalto as fortalezas. Este acontecemento vai provocar a fuxida de toda a gran nobreza galega cara a Castela e Portugal, sendo destruídas ou seriamente danadas a maioría das fortificacións existentes. O mesmo lle aconteceu ao Castelo de Vimianzo, que será tomado ao asalto. Actualmente, no mes de xullo, celébrase unha festa que lembra este feito histórico.
A rebelión non durou moito. Os nobres escapados reorganizáronse en Castela e, coa axuda da aristocracia local, emprenderon a recuperación das súas posesións no ano 1469. Coa caída dos irmandiños será o Arcebispado de Santiago quen se apodere do Castelo. Porén, uns anos máis tarde, un dos Moscoso, Lope Sánchez de Moscoso, autoproclamado primeiro Conde de Altamira, recuperará a fortaleza pola forza das armas. O Castelo será reconstruído grazas á intervención de mestres canteiros vascos e o aspecto resultante non debía ser moi diferente do actual.
Os enfrontamentos entre a Mitra compostelá e os Moscoso veñen xa dende o século anterior e van continuar durante o s. XV. Un dos motivos parece ser a natureza estratéxica do Castelo. A proximidade á costa permitía controlar as rutas comerciais do Mar do Norte, os negocios da sardiña e do sal e os botíns dos barcos que naufragaban nestas costas.
A finais do s. XV os Condes de Altamira abandonarán Galicia como a maior parte da alta nobreza galega, para residir na corte e estar máis preto dos reis. A administración das súas posesións quedará en mans de figuras que se denominarán alcaides ou meiriños. Isto mesmo acontecerá en Vimianzo. O conde rara vez retornará a Galicia e serán subordinados nomeados por el os que gobernarán o Castelo, cobrarán as rendas e remitiranas aos seus propietarios na corte.
Esta situación manterase relativamente estable ata o s. XIX. Os Altamira irán asentando pouco a pouco o seu poder ata chegar a ser unha das familias máis influentes na vida pública do Estado. No Castelo residirán sucesivos alcaides e acometeranse diversas reformas, que non son doadas de apreciar porque falta aínda o pertinente estudo, pero que en calquera caso non afectan á estrutura orixinal do edificio.
A última gran reforma foi realizada no s. XIX por Evaristo Martelo. Parece ser que nesta época o Castelo estaba en bastante mal estado e acometeu unha serie de obras para facelo habitable. Posteriormente a súa filla, Dolores Martelo de la Maza, solteira e sen descendencia, cedeu a fortaleza ao Arcebispado de Santiago. Finalmente no 1973 foi comprado pola Deputación da Coruña, que o acondicionou para a súa visita. A través das accións comprendidas no Plan de Dinamización Turística da Costa da Morte, acondicionouse a zona de artesanías e tamén se converteu unha das torres en centro de interpretación da Costa da Morte.





              ``Maxia  Irmandiña en cada    
                            recunho´´









viernes, 20 de abril de 2012

Galicia


``Baixo a luz escura e misteriosa 
do Atlántico, no extremo occidental 
de Europa, hai un verde país desbruzado
diante do mar  maior´´





             As Fragas do Eume
Muralla de Lugo


Torre de Hércules
Vilagarcía de Arousa

Castro de Baroña

Ourense

Catedral de Santiago de Compostela

 Situada ó sur do mar Céltico,ao norte do mar Mediterráneo, Galicia forxou unha cultura na encrucillada destes dous mundos. Velaquí un antigo reino atlántico, onde vivimos perto de tres millóns de galegos.

jueves, 19 de abril de 2012

Museo do Alemán













Trátase dun orixinal museo ao aire libre creado por un peculiar alemán chamado Man, que chegou a Camelle hai máis de trinta anos, e ahí creou o seu edén de fantasía e soidade, o lugar que lle deu a paz interior que buscaba e onde poder quedar e dar vida á súa obra. Ao visitante solicitáballe que fixera un debuxo nunha libretiña, intercalando papeis carbón, sendo "unha forma de relacionarse cos demais, xa que en cada papel está a alma de cada quen e o obxectivo é facer un gran rañaceos con todas elas", según palabras de Man. Observaremos as cores vivas e os círculos numerosos que determinan o ciclo da vida continuo, repetitivo, do cal non podemos fuxir. Certos pensamentos existencialistas envolveron a vida e a obra deste singular personaxe, hasta que o naufraxio do Prestige tinguiu de negro a súa obra, os seus fillos como el os llamaba. Non o puido superar e murreu o día dos inocentes de 2002. NUNCA MÁIS. O museo está situado a un lado do dique, no porto de Camelle

Encaixe de Camariñas






Dende 1981, cada Semana Santa e presidida pola "Súa Maxestade a Reina Dona Sofía", celébrase "A Mostra do Encaixe de Camariñas", certame comercial e cultural de ámbito internacional, declarado de Interese Turístico de Galicia.

Dentro do recinto feiral, o visitante, entre outras actividades, atoparase con exposicións, demostracións ao vivo e venda de encaixe elaborado en diversas partes do mundo.
Ademais, vai poder disfrutar doutras artesanías nas cales se aplicou o encaixe de Camariñas. Pero, sen lugar a dúbidas, as verdadeiras estrelas deste coñecido evento son as "Escolas Infantiles de Palillo", que día a día fan demostracións da súa arte.
Este evento acadou dinamizar o sector do encaixe, propiciando o uso dos "Encaixes de Camariñas", non só no enxoval doméstico, así como a súa inclusión definitiva no sector da moda. Foron e van seguir sendo os desfiles de "Grandes Deseñadores" e o "Concurso de Deseñadores Noveis" os que apostan por tal fin.